nit de sant joan ~ noche de san juan ~ noite meiga (2)



O Conxuro

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.

Demos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das mencinheiras.

Podres canhotas furadas,
fogar dos vermes e alimanhas.

Lume das Santas Companhas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte;
fucinho do sátiro e pé do coello.

Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadvres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.

Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porra da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas a cabalo das sas escobas,
indose bañar na praia das areas gordas.

¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan
as que non poden deixar de queimarse
no agoardente quedando así purificadas.

E cando este breraxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa alma
e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:

si e verdade que tendes mais poder que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espritos dos amigos que están fóra,

participen con nos desta Queimada.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
que a un fotògraf amb una qualitat com sa teva li hagi agradat una foto meva, m'afalaga. Gràcies.

Joan Cardona, abans sense blog
cicli1 ha dicho que…
Hola Pedro:

¿Como has hecho para poder poner las fotos tan grandes? , esto no es standar del blogger.
¿Es cosa de HTML y esas cosas raras?
Si puedes contestame a
cicliironman@yahoo.es

Entradas populares